fuxan botón descarga

Máis info:
www.fuxanosventos.net

myspace

canal youtube

DISCOGRAFÍA
Fuxan os ventos (1976)

O tequeletequele (1977)

Galicia canta o neno (1978)

Sementeira (1978)

Quen a soubera cantar (1981)

Noutrora (1984)

Sempre e mais despois (1999)

Na memoria dos tempos (2002)

Estás a escoitar Ancares

Fuxan os ventos

A banda sonora dun país

Comezaban os anos 70 cando Fuxan os Ventos botaban a andar para crear a banda sonora do camiño do país cara a liberdade. Nacía entón un referente na cultura contemporánea galega, un grupo que ía ser voz e son do proceso entusiasta por recuperar a identidade do noso pobo. Case corenta anos despois, Terra de soños tráenos de novo aos escenarios a Funxan os Ventos, para rememorar a nosa propia vida, para que as novas xeracións asistan a un concerto histórico, para traer á memoria o rexurdir da música popular galega á que eles tanto contribuiron.

En Terra de soños está o Fuxan os Ventos que todos e todas lembramos e recoñecemos. O espectáculo recolle un repertorio que tantas veces cantamos e evocamos na nosa memoria. Desde temas de indubidábel calado popular como A Carolina ou Sementeira ata outros de carácter máis reivindicativo, na defensa da liberdade e a dignidade de Galiza. Radica tamén aí unha das singularidades de Fuxan os Ventos, a virtude de terse convertido nun grupo de referencia da canción protesta do seu tempo e ser, á vez, os intérpretes das cancións máis coñecidas da lingua galega. Terra de soños regrésanos, pois, temas que xa son clásicos, cantigas que forman parte da nosa tradición, cancións que acadaron a condición de populares.

Convertéronse deste xeito en referencia obrigada para a música actual galega, en fito sonoro da nosa cultura contemporánea. Cancións dun tempo que lembran con melancolía os que viviron a aparición da banda na súa mocidade de comezos dos anos setenta e que foron quen de transmitir aos seus fillos, nos primeiros aparatos musicais da casa, en festas ou en actos culturais. Fuxan os Ventos é de todos e todas nós, pertence ao imaxinario colectivo galego e, por iso, a súa reaparición provoca tanta emoción. Pero tamén son sons de agora, contemporáneos e actuais, producidos cos signos dos nosos tempos, que acaen ao xeito deste século XXI do que xa levamos andado a súa primeira década.

queres estar ao día das últimas informacións de non sí?

baner concertos
cenefa © 2010 Non sí, Servizos Culturais.